Ela tece.
Ti miras.
O lobo babexa á espera da súa presa.
Ela tece.
Ti miras.
As gadoupas do lobo asoman entre a escuridade.
Ela tece.
Ti miras.
E entón o lobo ataca, posuído por un desexo sobrenatural. O lobo feito home, ou o home feito lobo. E o veneno penetra, deica o máis profundo, do seu ser. Ela non morre. Ela fica tumbada sen nada que dicir. Sen nada que facer. Ela non chora. Ela é unha muller.
martes, 11 de enero de 2011
domingo, 31 de octubre de 2010
Palabras. Tan só palabras.
Algún día gostei moito das palabras. Agoran doen. Coma as badaladas da Igrexa cando tocan a defunto. Crávanse tan adentro...
Antela.
Chove.
A Limia inúndase paseniño.
Retornan imaxes dun tempo esquecido.
Antela.
Porque non voltas?
A Limia inúndase paseniño.
Retornan imaxes dun tempo esquecido.
Antela.
Porque non voltas?
martes, 5 de octubre de 2010
jueves, 19 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






