martes, 18 de agosto de 2009

Memorias dunha tumba.

- ¿Sabes? Ás veces penso na liberdade. Imaxínoa. ¿Ti non? Penso nos paxaros. E nas nubes. Acórdome moito das nubes. E da choiva. Aínda parece que podo sentila rompendo contra o cristal da nosa fiestra. Gostaba tanto da choiva...

- Eu non penso. Nin nas nubes. Nin na choiva. Nin na nai que os pariu a todos. Non penso. ¿Para que? Tanto tempo aqui metido, morto, entre esta morea de vermes que me roen por dentro, me esnaquizan, e me engulen, famentos desta carne podre da que non soporto nin o cheiro, nin o puto frío que desprende, nin o asquerosa que se volveu nesta merda de nicho, que para iso paguei seis mil euros, para estar aqui afogado, para non descansar en paz nesta maldita eternidade que me espera, mecago na igrexa e nos santos todos, mecagoenrós, mecagonacona, que vos furo a todos, que vos queimo, que a ver que cona é esto, que eu merezo algo mellor, que si, que para iso estiven 20 anos en Alemaña, para comprar un bo nicho e non esta merda que me venderon os cabróns estes que non pensan máis que neles e na nai que os pariu a todos.


BanAna & AppLe

1 comentario:

alba dijo...

platañiña!!! pensei en ti, en vós...penso en vós a miúdo, pero nunca me paro a chamarvos...síntovos ighual,:D...encántanme os textos..., mais...estás "necrolóxica",eh...unha aperta enorrrrrrme carabeliño!!!