viernes, 14 de agosto de 2009

Relato.

Pechei a boca. Fiquei en silenzo. Contiven a respiración. Morrín.



Non sei que hora era. As agullas do reloxo había tempo que non marcaban as horas. Nin sequera os minutos. Tan só, o tic, tac dos segundos permanecía intacto. Indestructible. Insufrible. Trataba de evadirme. Do lugar. Do momento. Do sucedido. Pera xa nada era posible. O peso do mundo caia sobre min e os pesadelos traspasaran o límite dos soños para facerse presentes no mundo sensorial. Ateigados de monstros con rostro humano. Xente envelenada pola codicia. Buscadores de cadáveres. E alí no medio, estabas ti. Sempre tan sereno. Tan irreal. Tan sacado dun conto de fadas. Parecías non inmutarte por nada. Unha punzada atravesoume o peito no mesmo momento en que ficaches alí, inmóvil, ao meu carón, coa ollada cravada neste corpo practicamente esmagado. Mirábasme con esa inexpresividade que tanto te caracteriza. Tanto te caracterizou sempre. Non fuches quen de tenderme a man. De sacarme de alí, da morea de escombros que esnaquizaba o pouco que quedaba de min. Non fuches quen de derramar nin unha soa bágoa. Nin sequera no momento en que pronunciei as miñas últimas palabras. "Quérote, meu amor".


BanAna & AppLe

No hay comentarios: