martes, 3 de junio de 2008

Conversa de serán.

- Sabes unha cousa?
- Non.
- Fíxenme budista.
- E iso?
- Cando morra quero reencarnarme.
- Para que?
- Quero ser un paxaro.
- E porque un paxaro?
- Porque sempre quixen voar.
- E que paxaro queres ser?
- Unha andoriña.
- Haha.
- Non te rías. Quero ser unha andoriña … son tan bonitas! E tan listas!
- Coma ti.
- Boh.
- Boh non.
- E ti non te queres reencarnar?
- Bueno.
- E que queres ser?
- Mmmm…un lagarto.
- Un lagarto?
- Si.
- E para que queres ser un lagarto?
- Para deitarme ao sol.
- Iso xa o fas sempre.
- Porque me gusta.
- E ti cres que un lagarto e unha andoriña farían boa parella?
- Non.
- Pois é unha mágoa.
- Porque?
- Porque nin reencarnándonos faríamos boa parella. É triste.
- A min non mo parece.
- Porque ti es un lagarto.
- E ti unha andoriña.