lunes, 30 de noviembre de 2009

Cara o centro do labirinto.

Soñaba cunha gota de chuvia.

Perdida naquel deserto ningún oasis tería sido suficiente. Inmóvil e sen folgos, todo semellaba rematar tan preto que os segundos pasaron a ocupar o lugar das horas martirizándome en cada silenzo. O reloxo ficou parado eternamente.

Soñaba cunha gota de chuvia. E un día, choveu.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Na calma, o mar...

Na calma, a choiva...

Caótica Ana...

Impredecible. Incapaz de sobrevivirme. Mátome a min mesma en cada instante. En cada golpe de infortunio. En cada verba incontrolable. Como incontrolables se tornan os arraigos. Vivo arraigada a unha vida que nunca me pertenceu. Non son dona de min mesma. Indescriptible. As bágoas apodéranse de min cando os sorrisos aínda non me abandoaron. Esas bágoas que me funden no máis escuro oucéano, para devolverme de novo á claridade da órbita estelar. E descubrir que ese astro magnético nos dirixe, nos ata, nos une e nos intensifica. E nos sen facer nada, deixámonos levar. E nunca chegamos a ningún lugar. As miñas viaxes sempre son curtas. Oxalá o fosen máis. Preciso non sentir. Ficar muda. Esvaerme tralos cristais, ser vao, ser mais eu, e menos ti. Resucitar.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Voltaron as choivas.

O mar, fuxindo do sentimento de culpabilidade, fainos cómplices do seu desacougo.

O mar ruxe cada noite, cada vez máis preto, cada vez.

O mar non fala, cuspe.

Voltaron as choivas. Meu amor.