miércoles, 19 de agosto de 2009

martes, 18 de agosto de 2009

Memorias dunha tumba.

- ¿Sabes? Ás veces penso na liberdade. Imaxínoa. ¿Ti non? Penso nos paxaros. E nas nubes. Acórdome moito das nubes. E da choiva. Aínda parece que podo sentila rompendo contra o cristal da nosa fiestra. Gostaba tanto da choiva...

- Eu non penso. Nin nas nubes. Nin na choiva. Nin na nai que os pariu a todos. Non penso. ¿Para que? Tanto tempo aqui metido, morto, entre esta morea de vermes que me roen por dentro, me esnaquizan, e me engulen, famentos desta carne podre da que non soporto nin o cheiro, nin o puto frío que desprende, nin o asquerosa que se volveu nesta merda de nicho, que para iso paguei seis mil euros, para estar aqui afogado, para non descansar en paz nesta maldita eternidade que me espera, mecago na igrexa e nos santos todos, mecagoenrós, mecagonacona, que vos furo a todos, que vos queimo, que a ver que cona é esto, que eu merezo algo mellor, que si, que para iso estiven 20 anos en Alemaña, para comprar un bo nicho e non esta merda que me venderon os cabróns estes que non pensan máis que neles e na nai que os pariu a todos.


BanAna & AppLe

viernes, 14 de agosto de 2009

Logo de ti.

Logo de ter dito cen mil estupideces. Logo de ter escrito o que nunca me atrevín a dicir. Logo de ter chorado. E de ter rido. Logo de tódalas gargalladas que estouraron nas nosas gorxas. Logo de ter cantado en tódolos infernos posibles. Logo de ternos queimado. De ter ardido. De ter morto. Logo do sol. Logo do aire. Logo de ter respirado do teu alendo. Logo de ter deixado de respirar. Logo do mar. Logo das ondas. Do solpor. Logo de ti. Logo de ti xa non quedou nada. Logo de ti, logo de ti...as palabras ficaron mudas. Esvaéronse. Logo de ti, o fume. Nada máis.



BanAna & AppLe
Sinto dicir que este mundo xa non me pertence. Esta terra que eu piso, este sol que me abrasa, esta sequía, este non respirar, xa non me pertencen. Hai tempo que pasaron a habitar no pozo sin fondo que rodea o meu esquelete. Este esquelete de papel que a putrefacción moldea seguindo as leis que nalgún lugar se ditaron para nós. Para nós, amantes da vida que algún día decidimos que este mundo xa non nos pertencía. E pensar se algún día nos pertenceu. Se fomos donos de algo. Se fomos donos de nós mesmos. Se fomos. Sen máis.


BanAna & AppLe

Relato.

Pechei a boca. Fiquei en silenzo. Contiven a respiración. Morrín.



Non sei que hora era. As agullas do reloxo había tempo que non marcaban as horas. Nin sequera os minutos. Tan só, o tic, tac dos segundos permanecía intacto. Indestructible. Insufrible. Trataba de evadirme. Do lugar. Do momento. Do sucedido. Pera xa nada era posible. O peso do mundo caia sobre min e os pesadelos traspasaran o límite dos soños para facerse presentes no mundo sensorial. Ateigados de monstros con rostro humano. Xente envelenada pola codicia. Buscadores de cadáveres. E alí no medio, estabas ti. Sempre tan sereno. Tan irreal. Tan sacado dun conto de fadas. Parecías non inmutarte por nada. Unha punzada atravesoume o peito no mesmo momento en que ficaches alí, inmóvil, ao meu carón, coa ollada cravada neste corpo practicamente esmagado. Mirábasme con esa inexpresividade que tanto te caracteriza. Tanto te caracterizou sempre. Non fuches quen de tenderme a man. De sacarme de alí, da morea de escombros que esnaquizaba o pouco que quedaba de min. Non fuches quen de derramar nin unha soa bágoa. Nin sequera no momento en que pronunciei as miñas últimas palabras. "Quérote, meu amor".


BanAna & AppLe