miércoles, 30 de septiembre de 2009

Preciso apertas
Que me aten a este mundo...

jueves, 24 de septiembre de 2009

martes, 22 de septiembre de 2009

Undíadestes...

E ficar mudos ,

cando as palabras deixen de existir.

miércoles, 9 de septiembre de 2009

martes, 8 de septiembre de 2009

Amencer.

¿Como sería un amencer na lúa?

Este perfume antóllaseme triste, meu amigo,
Demasiadas bágoas derramadas na súa elaboración,
E todo por saber,
Todo só por saber,
Como sería un amencer na lúa.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Voltou o frío.

Voltou o frío. E con el vai marchando o chiar dos paxaros. E axiña, marcharemos todos. Voltou o frío. E o mar agárdanos impaciente, á espera de cautivarnos unha vez máis naquelas terras plagadas de incertidume. De non saber que facer. De bágoas desecadas.
Voltou o frío. E agora o reloxo avanza imparable cara o adeus. Xa nos veremos. Deica outra.


BanAna & AppLe

miércoles, 19 de agosto de 2009

martes, 18 de agosto de 2009

Memorias dunha tumba.

- ¿Sabes? Ás veces penso na liberdade. Imaxínoa. ¿Ti non? Penso nos paxaros. E nas nubes. Acórdome moito das nubes. E da choiva. Aínda parece que podo sentila rompendo contra o cristal da nosa fiestra. Gostaba tanto da choiva...

- Eu non penso. Nin nas nubes. Nin na choiva. Nin na nai que os pariu a todos. Non penso. ¿Para que? Tanto tempo aqui metido, morto, entre esta morea de vermes que me roen por dentro, me esnaquizan, e me engulen, famentos desta carne podre da que non soporto nin o cheiro, nin o puto frío que desprende, nin o asquerosa que se volveu nesta merda de nicho, que para iso paguei seis mil euros, para estar aqui afogado, para non descansar en paz nesta maldita eternidade que me espera, mecago na igrexa e nos santos todos, mecagoenrós, mecagonacona, que vos furo a todos, que vos queimo, que a ver que cona é esto, que eu merezo algo mellor, que si, que para iso estiven 20 anos en Alemaña, para comprar un bo nicho e non esta merda que me venderon os cabróns estes que non pensan máis que neles e na nai que os pariu a todos.


BanAna & AppLe

viernes, 14 de agosto de 2009

Logo de ti.

Logo de ter dito cen mil estupideces. Logo de ter escrito o que nunca me atrevín a dicir. Logo de ter chorado. E de ter rido. Logo de tódalas gargalladas que estouraron nas nosas gorxas. Logo de ter cantado en tódolos infernos posibles. Logo de ternos queimado. De ter ardido. De ter morto. Logo do sol. Logo do aire. Logo de ter respirado do teu alendo. Logo de ter deixado de respirar. Logo do mar. Logo das ondas. Do solpor. Logo de ti. Logo de ti xa non quedou nada. Logo de ti, logo de ti...as palabras ficaron mudas. Esvaéronse. Logo de ti, o fume. Nada máis.



BanAna & AppLe