viernes, 14 de agosto de 2009

Logo de ti.

Logo de ter dito cen mil estupideces. Logo de ter escrito o que nunca me atrevín a dicir. Logo de ter chorado. E de ter rido. Logo de tódalas gargalladas que estouraron nas nosas gorxas. Logo de ter cantado en tódolos infernos posibles. Logo de ternos queimado. De ter ardido. De ter morto. Logo do sol. Logo do aire. Logo de ter respirado do teu alendo. Logo de ter deixado de respirar. Logo do mar. Logo das ondas. Do solpor. Logo de ti. Logo de ti xa non quedou nada. Logo de ti, logo de ti...as palabras ficaron mudas. Esvaéronse. Logo de ti, o fume. Nada máis.



BanAna & AppLe

1 comentario:

bretema dijo...

non deixas de sorprenderme o que escrines, tes un don, o don da palabra, de facer cos sentimentos versos fermosos