martes, 12 de enero de 2010

Sinto rachar o xeo contra os cristais da fiestra de enfronte. E non son quen de abrir os ollos. Pésanme as pálpebras. Pésame a ausencia. Búscote en cada recuncho. Pero aquí só quedan bágoas e restos de desacougo. A fragancia a ti xa non impregna as paredes. Xa non fican en silenzo os beizos do mar. Escoito ruxir o vento e preciso aquela man que me agarraba. Aquela aperta tras cada pesadelo. Aquel non respirar porque o teu alento era suficiente.

1 comentario:

Victoria dijo...

Nunca deixes que o amor te asbtraiga de tal maneira porque pode que no proceso non des volto a realidade.