martes, 16 de marzo de 2010
Serra do Xurés.
Un río.
Monte.
O Sol.
Ti.
Un domingo.
A herba.
Eu.
As árbores.
Unha rocha.
Auga.
Máis sol.
Nós.
O paraíso.
Monte.
O Sol.
Ti.
Un domingo.
A herba.
Eu.
As árbores.
Unha rocha.
Auga.
Máis sol.
Nós.
O paraíso.
jueves, 4 de marzo de 2010
lunes, 22 de febrero de 2010
HHmmm.
Cruzadas tódalas fronteiras tan só nos quedou a excusa de non querernos. Mais nunca foi válida para ningún dos dous. Perseguimos tantos soños que a realidade ficou demasiado inverosímil. Espertamos. E agardamos que ao durmir, todo fose outra cousa. Outro lugar. Outra vida. Pero nunca chegamos a pechar os ollos. Ficamos mirándonos eternamente para voltar á esencia do que nos levou ata aquí.
miércoles, 20 de enero de 2010
Metaforicamente
E pronunciei a metáfora máis fermosa que xamáis poidese escapar da miña ghorxa : "o amor faime suar".
martes, 12 de enero de 2010
Sinto rachar o xeo contra os cristais da fiestra de enfronte. E non son quen de abrir os ollos. Pésanme as pálpebras. Pésame a ausencia. Búscote en cada recuncho. Pero aquí só quedan bágoas e restos de desacougo. A fragancia a ti xa non impregna as paredes. Xa non fican en silenzo os beizos do mar. Escoito ruxir o vento e preciso aquela man que me agarraba. Aquela aperta tras cada pesadelo. Aquel non respirar porque o teu alento era suficiente.
lunes, 11 de enero de 2010
Killing me softly with his song...
Traspasar a fronteira do odio, e levados pola paixón sumerxirse no placer das carnes. Iso é amor. Aínda que sexa máis amable pensar que se trata de algo menos superficial. Superficiais somos todos. Para que negalo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


