viernes, 30 de abril de 2010

Malfalada.

Eu falo na linghua dos malfalados, e berro, berro ben alto pra que me sintan na Conchinchina, falo nesa linghua de diaños que habitan os montes e foxen, foxen das fouces que afiades con esa vosa fala tan ghrata y noble, tan señorial y digna, tan de bien, que el ghallegho te es de esclavos, que mexades por nós pero aghora xa non chove, que temos paraughas e vós, vós nunca seredes ninghén.

3 comentarios:

Hermaco dijo...

Eu tamén, é o que ten a desghrasia de vivir en provincias, xa o dícía a miñá avó.

peixeira de terra de montes dijo...

que bonita palabra, malfalada! o que sinto non o podo traducir pero ti velo e sabelo...:)

un beijinho enorme minha rula!

Humanistas dijo...

eu tamén teño por miña esa fala "para as vacas".. e se para o gando é.. entón eu digo muuuuuuuuuuuuuuuuu...