viernes, 30 de abril de 2010

Croac.

Despois da pincelada cheghou o alento, e respiramos, e acelérase o pulso, e incluso cantamos nunha armonía de acordes doutro mundo, e choramos, ao final sempre choramos porque todo remata, e as bágoas, sempre as bágoas, porque ti, incluso ti, desapareces.

martes, 16 de marzo de 2010

Lagoa de Antela.

Vilameá.

Serra do Xurés.

Un río.
Monte.
O Sol.
Ti.
Un domingo.
A herba.
Eu.
As árbores.
Unha rocha.
Auga.
Máis sol.
Nós.
O paraíso.

O Xurés.

jueves, 4 de marzo de 2010

lunes, 22 de febrero de 2010

HHmmm.

Cruzadas tódalas fronteiras tan só nos quedou a excusa de non querernos. Mais nunca foi válida para ningún dos dous. Perseguimos tantos soños que a realidade ficou demasiado inverosímil. Espertamos. E agardamos que ao durmir, todo fose outra cousa. Outro lugar. Outra vida. Pero nunca chegamos a pechar os ollos. Ficamos mirándonos eternamente para voltar á esencia do que nos levou ata aquí.

Mais nada que dicir...

miércoles, 20 de enero de 2010

Metaforicamente

E pronunciei a metáfora máis fermosa que xamáis poidese escapar da miña ghorxa : "o amor faime suar".

martes, 12 de enero de 2010

Sinto rachar o xeo contra os cristais da fiestra de enfronte. E non son quen de abrir os ollos. Pésanme as pálpebras. Pésame a ausencia. Búscote en cada recuncho. Pero aquí só quedan bágoas e restos de desacougo. A fragancia a ti xa non impregna as paredes. Xa non fican en silenzo os beizos do mar. Escoito ruxir o vento e preciso aquela man que me agarraba. Aquela aperta tras cada pesadelo. Aquel non respirar porque o teu alento era suficiente.